Oficial: Borja Iglesias e Wass cambian o Celta por Espanyol e Valencia

O dianteiro santiagués deixará 10 millóns de euros nas arcas viguesas

Borja Iglesias y Daniel Wass. AEP
photo_camera Borja Iglesias y Daniel Wass. AEP

O Espanyol fixo oficial mediante un comunicado a fichaxe do dianteiro Borja Iglesias, polo que a entidade catalá pagará dez millóns de euros, en varios prazos.

O futbolista asinou por catro anos e terá unha cláusula de rescisión de 28 millóns de euros. Borja Iglesias pasará o martes a habitual revisión médica na Clínica Corachán de Barcelona e será presentado o mércores ás 12.00 horas.

O Celta de Vigo e a Valencia tamén chegaron a un acordo para o traspaso do centrocampista Daniel Wass, quen asinará un contrato co conxunto valencianista ata 2022 se supera o recoñecemento médico ao que foi sometido este luns

O futbolista, que o domingoe xa se despediu dos que foron os seus compañeiros estes últimos anos en Balaídos, cumprirá así o seu soño de fichar por un club que compita na liga de Campións. A operación pecharase nuns seis millóns de euros.

Comentarios