Teresa Portela, mellor piragüista do ano para a Federación Española

Teresa Portela. EFE/ENRIC FONCUBERTA
photo_camera Teresa Portela entra gañadora na final de K 1-200 m durante a terceira xornada dos XVIII Juegos Mediterráneos Tarragona 2018. EFE/ENRIC FONCUBERTA

O zamorano Carlos Garrote e a canguesa Teresa Portela foron elixidos mellores padexeiros sénior de 2018, segundo acordou este sábado a Xunta Directiva da Federación Española de Piragüismo.

A FEP tamén destacou ao castelán-manchego Luís Brasero como mellor técnico. Os premios entregaranse na Gala Nacional deste deporte, que se celebrará o 2 de febreiro de 2019 no auditorio Alfredo Goyeneche da sede do Comité Olímpico Español.

Garrote, posuidor de tres medallas mundiais e dúas europeas, logrou esta tempada dobrete ao obter ouro no Campionato do Mundo de Esprint e no de Europa en K1 200 metros, méritos que lle fan acredor do trofeo David Cal ao Mellor padeeiro masculino.

Portela, que reúne 14 medallas mundiais e 17 en europeos, clasificouse en oitavo lugar en K1 200 metros no Mundial 2018, recibirá o Premio Iberdrola á mellor sénior feminina.

O talaverano Luís Brasero, responsable das embarcacións medallistas no Mundial K1 200, K2 1000, K4 1000 e K1 5000, recollerá por segundo ano consecutivo o Trofeo José Montes ao mellor técnico.

Comentarios