Jueves. 16.08.2018 |
El tiempo
Jueves. 16.08.2018
El tiempo

Valentino Rossi pon data á súa retirada

Valentino Rossi, nunha imaxe de arquivo. EFE
Valentino Rossi, nunha imaxe de arquivo. EFE

O piloto italiano afirmou que "quizais" despois do seu contrato con Yamaha "non haberá outro"

O piloto italiano Velentino Rossi, de 39 anos, anunciou que o de 2020 podería ser o seu último Mundial de Moto GP.

Así o desvelou nunha entrevista á cadea inglesa BT Sports, na que dixo que asinar o seu actual con Yamaha, que finaliza en 2020, non foi unha decisión fácil. "Foi máis difícil que outras veces porque, quizais, era o último contrato e despois deste non haberá outro", apuntou.

Rossi, con nove mundiais no seu palmarés —nas tres categorías—, márcase como obxectivo chegar aos 10 títulos antes de deixar o motociclismo. "Sei que é difícil lograr o décimo título, pero decidín intentalo. Hai que afrontar desafíos difíciles e depende moito do estado da moto", explicou.

O italiano tambien falou dos seus incidentes con Marc Márquez. "Non houbo ningunha mensaxe. En Austin xa falamos un pouco. Eu díxenlle o que pensaba del e el, tamén", resolveu.

Valentino Rossi pon data á súa retirada