A Volta a Galicia suspéndese pola ausencia dun protocolo de seguridade

Lete Lasa asegura que priorizouse "a protección da saúde dos deportistas, público e da poboación en xeral"
Edición anterior de la Volta a Galicia. ARCHIVO
photo_camera Edición anterior de la Volta a Galicia. ARCHIVO

A decimonovena edición da Volta a Galicia suspendeuse pola ausencia dun protocolo de seguridade específico para esta proba que ten carácter estatal, segundo informou a Xunta de Galicia. 

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, que mantivo este mércores unha reunión coa Federación Galega de Ciclismo e os clubs afectados, sinala que se priorizou "a protección da saúde dos deportistas, público e da poboación en xeral, fronte á competición deportiva". 

Na cancelación da proba tívose en conta que carecía dun protocolo específico de seguridade así como a situación epidemiolóxica dalgúns concellos contemplados no itinerario desta edición. 

O secretario xeral trasladou aos equipos ciclistas que desde o departamento da Xunta de Galicia "seguirán traballando para que o Consello Superior de Deportes proceda á regulación das competicións de ámbito estatal". 

Comentarios