domingo. 13.10.2019 |
El tiempo
domingo. 13.10.2019
El tiempo

Os aeroportos galegos gañan case un 4% de pasaxeiros en xaneiro

Aeroporto de Lavacolla. AEP
Aeroporto de Lavacolla. AEP

O que máis viaxeiros rexistrou foi Lavacolla, por onde pasaron 178.769 persoas en xaneiro

Os aeroportos galegos creceron un 3,9% en cifra de pasaxeiros durante o primeiro mes do ano, até os 341.778, segundo os datos feitos públicos este martes por Aena. En concreto, no mes de xaneiro, polas tres terminais galegas pasaron 12.862 persoas máis que no mesmo período do ano anterior, o que supón un incremento do 3,9%. 

O que máis viaxeiros rexistrou foi Lavacolla, por onde pasaron 178.769 persoas, un 1% máis que hai un ano. Pola súa banda, A Coruña albergou 91.143 usuarios, un 8,8% máis e Vigo creceu un 5,5%, até os 71.866. En canto á cifra de operacións, o aeroporto de Santiago operou 1.480 voos, un 0,9% máis que en xaneiro de 2018; Alvedro operou 1.225, un 7,3% máis; e Peinador 837, un 1,6% por encima do primeiro mes do ano anterior. 

Con respecto á carga transportada, unicamente creceu en Vigo, onde o peso das mercadorías subiu un 7%. En Santiago, pola súa banda, caeu un 4,1% e na Coruña baixou un 1,3%. 

Os aeroportos galegos gañan case un 4% de pasaxeiros en xaneiro
Comentarios