domingo. 05.04.2020 |
El tiempo
domingo. 05.04.2020
El tiempo

Ao pan, pan... unha nova norma aclara a súa elaboración e báixalle o IVE

Unha peza de pan. SEBAS SENANDE
Unha peza de pan. SEBAS SENANDE

Terán un cargo do 4% os pans elaborados con fariñas integrais ou con baixo contido en sal, antes tiñan un imposto do 10% ► A nova lei protexe a elaboración artesá do produto

Os españois reduciron o seu consumo de pan nun 80 % en dúas décadas; o Consello de Ministros aprobou este venres o real decreto coa norma de calidade deste alimento na que se aclaran diferentes conceptos e amplíase o número de produtos considerados "pan común" e cun IVE do 4 %.

QUÉ CAMBIA A NOVA NORMA

-A nova norma de calidade do pan amplía a definición de pan común, co IVE ao 4 %; inclúe agora a  pans elaborados con outras fariñas distintas ás de trigo, como os elaborados con fariñas integrais, con salvados ou baixo contido en sal que antes se gravaban co 10 % de IVE.

-Limítase a cantidade de sal que se pode empregar para elaborar o pan común. O límite máximo do contido en sal será obrigatorio a partir de abril de 2022.

-Os requisitos para considerar un pan integral serán máis estritos, pois é obrigatorio que o 100% da fariña empregada sexa integral. Os que non estean elaborados de forma exclusiva con ese tipo de fariñas, indicarán a porcentaxe na etiquetaxe.

-A definición de pan multicereal: elaborado con tres ou máis fariñas; cada unha das tres estará nunha proporción mínima do 10 % e as fariñas procedentes de cereais non poderán supor menos do 30 % da mestura total.

-A masa nai: Defínese como a masa activa composta por fariña de trigo ou outro cereal ou mestura delas, e auga, con ou sen adición de sal, sometida a unha fermentación acidificante cuxa función é asegurar a fermentación da masa do pan. A masa nai contén unha microflora acidificante constituída esencialmente por bacterias láctinas e fermentos salvaxes.

- Elaboración artesá do pan, a definición sinala que "debe primar" o factor humano fronte ao mecánico e especifícanse os requisitos.

- A denominación "pan de leña" ou "de forno de leña" só poderá usarse con plans cocidos integramente nun forno que utilice como combustible a leña.

CONSUMO DE PAN

-O consumo per cápita de pan en España descendeu dramaticamente nos últimos vinte anos: dos 57 quilos que se inxerían en 1998 aos 31,8 de 2018.

-O gastou en 2018 situouse en 76,13 euros (-2,5 %), unha cantidade equivalente ao 5,09 % do orzamento per cápita para encher a cesta de alimentos e bebidas o pasado ano, segundo datos do panel de consumo do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Pesca.

- O pan fresco e conxelado supón o 80,7 % da cota de pan nos fogares; o industrial ou de longa duración ou seco -molde, colines, regañás- é un 19,3 % cota.

- Os fogares máis consumidores de pan atópanse en cidades pequenas e medianas, de menos de 100.000 habitantes. O responsable da compra adoita ter máis de 50 anos.

- Por rexións, galegos, andaluces e castellanomanchegos son os que máis pan consomen no fogar; por contra, en Madrid, Cataluña e Comunidade Valenciana son as rexións cos índices máis baixos.

-A pesar da caída do consumo, as 35 empresas fabricantes de masas conxeladas agrupadas na de Española da Industria da Panadería, Bollería e Pastelería (Asemac), facturaron 1.357 millóns de euros durante o último exercicio, un 2,4 % máis que un ano antes.

O PAN NUNHA DIETA SAUDABLE

-O presidente da Fundación Alimentación Saudable, Jesús Román, apunta que o 50 % da inxesta calórica debe proceder de carbohidratos e "son preferibles" os de longa duración, como cereais e legumes.

-Apunta que un xeito de obter estes carbohidratos é a incorporación en comidas e ceas, e incluso no almorzo,"dunha ración normal" de pan, duns 100 gramos, e se é "integral, de verdade, mellor". "Pódense inxerir 200 ou 300 gramos diarios sen que sexa un drama" sinala.

Ao pan, pan... unha nova norma aclara a súa elaboración e báixalle...
Comentarios