domingo. 25.10.2020 |
El tiempo
domingo. 25.10.2020
El tiempo

Aumenta a 789,7 euros a pensión media galega, que só supera á estremeña

Persona mayor paseando - jubilado - pensionsita
Persona mayor paseando - jubilado - pensionsita

En Galicia foron 761.078 os pensionistas de marzo, un 0,6% máis que en 2017

A pensión media percibida na comunidade galega creceu en marzo ata os 789,7 euros, un aumento dun dous por cento que a sitúa como segunda máis baixa do conxunto do país, só por diante da de Estremadura.

O Ministerio de Empleo publica este luns os datos das pensións, que acumularon en marzo 9.583.617 beneficiarios en España, un 1,2% máis que no mesmo mes de 2017, cunha contía media de 933,57, que crece ata os 1.076,16 euros no caso dos xubilados.

En Galicia foron 761.078 os pensionistas de marzo, un 0,6% máis que en 2017, que cobran 789,7 euros de media, un 2% máis que hai un ano, só por encima dos 775 euros de pensión media en Estremadura.

Ao longo do mes houbo 473.824 beneficiarios dunha pensión de xubilación, con 899,51 euros; 187.053 con pensións de viuvez (554,23 euros); 70.058 con incapacidade permanente (843,94); 23.821 que recibiron pensións de orfandade (376,34); 6.322 a favor de familiares (483,63).

Aumenta a 789,7 euros a pensión media galega, que só supera á...
Comentarios