viernes. 10.07.2020 |
El tiempo
viernes. 10.07.2020
El tiempo

Auxiliares de Barreras pídenlle a Pemex que lles ceda o control do estaleiro

Astillero de Barreras. EFE
Astillero de Barreras. EFE
A petroleira acollería a proposta con receptividade

O grupo de 33 auxiliares agrupadas na plataforma auspiciada pola patronal galega do metal Asime sondou a Pemex, accionista maioritario de Barreras, para que lle ceda o control do estaleiro.

Isto concretaríase, segundo a proposta das auxiliares, que foi acollida con receptividade por Pemex, segundo destacaron os seus promotores, ben mediante o troco parcial de débeda por accións ou ben mediante a compra dunha opción de compra de títulos cunha cesión dos dereitos políticos.

Esta é "a última bala" na recámara das auxiliares en vista da falta de avances e de interlocución do estaleiro con estas e entre os diferentes actores implicados; unha sorte de peche "patronal", segundo o secretario xeral de Asime, Enrique Mallón.

A intención deste movemento é "tomar o control accionarial" de Barreras, o que lles permitiría ás auxiliares ter "un papel máis activo" no caso de que entre en concurso de acredores, que "non hai que demonizar. Non ten que ser a morte do estaleiro", indicou o portavoz da plataforma, Alberto Rocha.

De momento houbo conversacións con Pemex, cuxa "predisposición é boa", e o seguinte paso será trasladar unha carta de intencións á petroleira mexicana.

Ésta sería "unha solución a medio prazo" e tamén "complementaria" á posible entrada no accionariado de Barreras de Ritz Carlton, a través do fondo Oaktree, aclarou Rocha, quen insistiu en que a prioridade é atopar unha solución de futuro que pase pola finalización de todos os buques en carteira.

Sobre isto, Enrique Mallón significou que a petición da cesión do control a Pemex "non descarta outras posibilidades, coma se ao final Ritz Carlton adquire parte ou todo o capital social. Esa posibilidade existía. Non sabemos se existe aínda", deslizou.

A CIG reclama á Xunta que tome o control
Pola súa banda, o sindicato CIG celebrou este xoves unha concentración ás portas do estaleiro Barreiras para reclamar á Xunta que "tome o control" do estaleiro e que se retome a actividade nas bancadas.

Tras unha pancarta na que se podía ler Polo mantemento da actividade industrial e do emprego en Barreras, un grupo de delegados da CIG solicitou que ben o estaleiro, Ritz Carlton, Oaktree ou a Xunta garantan o pago dos traballos realizados, excluídas as empresas dos actuais accionistas.

Pero máis aló desta medida conxuntural reclamaron "a implicación" da Xunta na adquisición de Barreras para que volva ser un estaleiro público.

O sindicato nacionalista pediu axudas públicas para "garantir a supervivencia" do naval e para frear o proceso de precarización "laboral e de emigración de man de obra cualificada", así como a convocatoria da mesa do naval.

Esta concentración terá a súa continuidade o próximo día 30, cando a CIG convocou unha manifestación baixo a lema 'SOS Vigo: Polo futuro industrial da comarca, emprego digno e servizos públicos'.

Subliña a CIG que "non é momento de esperar" e critica a "pasividade total" do resto de sindicatos con representación no comité de empresa de Barreiras.Recorda que "xa esperaron no caso de Vulcano e só hai que ver como acabou".

Auxiliares de Barreras pídenlle a Pemex que lles ceda o control do...
Comentarios