viernes. 28.02.2020 |
El tiempo
viernes. 28.02.2020
El tiempo

Barreras sae do preconcurso in extremis cun acordo de refinanciamento da débeda

Un flotel feito por Barreras. ARCHIVO
Un flotel feito por Barreras. ARCHIVO
O estaleiro remitiu o acordo coa banca ao xulgado do Mercantil 3 de Pontevedra

O estaleiro Hijos de J. Barreras deixou oficialmente de estar en situación de preconcurso de acredores tras cumprirse o prazo máximo de catro meses e chegar a un acordo de refinanciamento coa banca acredora, co aval de CESCE, que remitiu ao xulgado do Mercantil 3 de Pontevedra.

As empresas auxiliares agrupadas en Uninaval, unha plataforma auspiciada pola patronal galega do metal, Asime, e que aglutinan o 75 % dunha débeda de 25 millóns de euros, comprometéronse pola súa banda a non exercer ese dereito nun prazo de tres meses, que é o tempo que lles pediu o estaleiro.

A dirección de Barreiras propuxo ás auxiliares, unha vez executada o refinanciamento e coa posibilidade de retomar a actividade nas súas bancadas, un calendario de pagos que permita "compasar o pago de facturas xa emitidas e os traballos pendentes para finalizar os barcos en construción".

Está por ver que fará Pemex, que segue sendo o accionista maioritario cun 51% dos títulos.
A semana pasada o director xeral da petroleira estatal mexicana, Octavio Romero, reclamou que o estaleiro vigués lle abone 13 millóns de euros, os 5,1 que pagou polas accións máis outros 8 que puxo como garantías para construír o Evrima, o mini cruceiro de luxo de Ritz Carlton a medio facer nas bancadas de Beiramar.

Esta esixencia contradise co principio de acordo que as partes anunciaron en decembro, segundo o cal Ritz Carlton se facía co control de Barreras ao cederlles Pemex e Albacora, que suman o 75 % dos títulos do estaleiro, os seus dereitos políticos, sen que iso implique que o consorcio hostaleiro entre no accionariado.

Barreiras entrou en preconcurso a comezos de outubro, días despois de que fosen destituídos o presidente do estaleiro, José García Costas, e dous altos directivos.

Un mes máis tarde, solicitou a disolución xudicial da sociedade e a suspensión do procedemento polo desfasamento patrimonial que arrastra, ao redor dos 50 millóns de euros.

Con esta medida, de carácter reversible se cesaba a causa da disolución, Barreras asegurouse aprazar a entrada do estaleiro en concurso de acredores.

Apenas uns días despois, Ritz Carlton anunciou que asumía o sobrecusto da construción do primeiro mini cruceiro de luxo que encargou a Barreras, ao redor de 70 millóns de euros.

Nesa comunicación sinalaba tamén que mantiña o contrato, asinado en maio de 2019, para a construción dun buque xemelgo ao Evrima.

De momento non hai comunicación oficial sobre os outros buques que Barreras tiña en carteira, dúas para a naviera norueguesa Havila e un ferry para as canaria Armas. 

Barreras sae do preconcurso in extremis cun acordo de...
Comentarios