viernes. 06.12.2019 |
El tiempo
viernes. 06.12.2019
El tiempo

A 'botella XL' de Estrella Galicia chegou para quedarse

A empresa incorpora este producto a súa oferta permanente

Botella de Estrella Galicia de 66 centilitrosO grupo galego Hijos de Rivera decidiu incorporar á súa oferta permanente a botella de dous terzos de litro –66 centilitros– de Estrella Galicia, tras probala con éxito durante varias semanas nalgunhas localizacións.

Nun comunicado, a compañía, con sede na Coruña, explica que este formato está concibido para compartir.

O lanzamento prodúcese despois de varias semanas nas que testou a resposta espontánea dos consumidores.

A idea é que, de forma paulatina, poida comezar a distribuírse esta botella en locais de hostalaría e insignias de alimentación.

A 'botella XL' de Estrella Galicia chegou para quedarse
Comentarios