sábado. 18.01.2020 |
El tiempo
sábado. 18.01.2020
El tiempo

A campaña de rebaixas xerará máis de 9.700 contratos en Galicia

Algunos comercios ya muestran el cartel de rebajas. RAFA FARIÑA
Algunos comercios ya muestran el cartel de rebajas. RAFA FARIÑA

Sería un 7,6% máis que o ano pasado, segundo Randstad

A campaña de rebaixas de 2019 –entre xaneiro e febreiro xerará máis de 9.700 contratos en Galicia nos sectores de comercio, transporte e loxística, un 7,6 por cento máis do rexistrado en 2018, cando se alcanzaron os 9.080 empregos, segundo datos de Randstad. 

Todas as rexións e provincias incrementarán o número de contratacións para esta época do ano respecto da mesma data do ano anterior. Destacan as subidas rexistradas en Cantabria (11,7 por cento) Murcia (11,4 por cento) e A Rioxa (9,6 por cento), seguidos de Aragón (9 por cento), Canarias (8,9 por cento), Andalucía e Castela-A Mancha (8,3 por cento en ambas), Castela e León (7,8 por cento), País Vasco (7,7 por cento), Madrid e Galicia (7,6 por cento en ambos). 

Por baixo da media nacional (7,5 por cento), situáronse Navarra (7,2 por cento), Comunidade Valenciana (6,6 por cento), Cataluña (5,9 por cento), Asturias (4,3 por cento) e Estremadura (4 por cento). 

O pequeno comercio lamenta que non se rexan por períodos 
O presidente da Federación Galega do Comercio, o lucense José María Seijas, calculou que son sobre 35.000 os establecementos que permanecen abertos na comunidade, fronte aos 50.000 que operaban en Galicia antes do inicio da crise en 2008.  

Así, Seijas comentou que se perderon 15.000 negocios nunha crise que parece que se contén", matizou, e estase superando por parte dun dos sectores máis castigados pola mesma. 

Agora, concretou Seijas, "os peches fóronse producindo sobre todo por xubilacións, pero se compensou con emprendedores novos que abren novos negocios". 

Sobre a campaña de Nadal manifestou que "as vendas serán moi similares ao que foi o ano pasado (por 2017)", aínda que confía en que nestes "catro días que quedan" se produzan as "vendas máis fortes". 

A partir do 7 ábrese a tempada de rebaixas, que Seijas lamenta que non se rexan por períodos, como ocorría antes, fixados previamente. "Eu sigo dicindo que as rebaixas empezan o 1 de xaneiro e conclúen o 31 de decembro", concluíu. 

A campaña de rebaixas xerará máis de 9.700 contratos en Galicia
Comentarios