A catalá Phibo compra a firma galega de implantoloxía dental Sineldent 

Tras a compra manteranse os postos de traballo e as plantas de produción da firma galega
Centro de traballo de Sineldent. YOUTUBE
photo_camera Centro de traballo de Sineldent. YOUTUBE

A multinacional catalá de implantoloxía dental Phibo adquiriu a compañía galega do sector Sineldent, no marco do seu plan de crecemento e expansión, informou a compañía nun comunicado este luns. 

Tras a compra, Phibo manterán a operativa de Sineldent, os seus postos de traballo e as plantas de produción, polo que pasará a ter catro fábricas en Sentmenat (Barcelona), Ourense, Madrid e Bogotá (Colombia). 

As dúas compañías suman unha facturación conxunta de preto de 40 millóns de euros, máis de 320 traballadores e un volume de produción anual que supera o millón de unidades. 

O director executivo de Phibo, Nacho Mestre, asegurou que a adquisición de Sineldent é "unha oportunidade para ofrecer un mellor e máis amplo servizo ao mercado", e defendeu que isto sitúaos nunha posición altamente competitiva. 

"A compra de Sineldent é unha operación de crecemento e consolidación da dixitalización na produción de prótese, algo no que Phibo foi pioneiro", afirmou. 

Comentarios