Comeza a construción do primeiro dos novos barcos de Nueva Pescanova

O grupo renovará parte da súa frota en Namibia e Mozambique con sete novos pesqueiros

Santiago Martín, de Astilleros Armon, y David Troncoso, de Pescanova. EP
photo_camera Santiago Martín, de Astilleros Armon, y David Troncoso, de Pescanova. EP

O grupo Nueva Pescanova comezou esta semana nas instalacións do estaleiro Armón en Vigo a construción do primeiro dos sete barcos que renovarán parte da súa frota pesqueira en Namibia e Mozambique ata 2020, informou a multinacional nun comunicado.

Tres destes sete barcos, buques fresqueiros de 50 metros de eslora que faenarán para as filiais NovaNam e Lalandii de Namibia, serán construídos en Armón Vigo.

Os outros catro son buques conxeladores de 32 metros para a pesca de lagostino da filial Pescamar de Mozambique. O plan de renovación da flota de Nueva Pescanova conta cun investimento total de 42,5 millóns de euros.

Todos os buques incorporarán motores de alta eficiencia enerxética, o seu equipamento mellorará o sistema de procesado a bordo e a súa habilitación ofrecerá maior comodidade no traballo e a vida das tripulacións. Actualmente, o grupo Nueva Pescanova conta cunha flota de 72 buques que faenan no hemisferio sur.

Comentarios