O imperio Hotusa, do galego Amancio López, suma 412 hoteis asociados en 2017

O consorcio fundado polo galego Amancio López Seijas conta con máis de 2.700 establecementos

Amancio López. AEP
photo_camera Amancio López. AEP

Hotusa Hotels, o grupo fundado en Barcelona polo chantadino Amancio López Seijas, incrementou o seu portafolio durante o ano pasado con 412 novos establecementos asociados, 62 deles situados en España e 350 a escala internacional. En total, o consorcio hostaleiro conta con máis de 2.700 en todo o mundo. De feito, só no último trimestre do ano a compañía incorporou un total de 106, quince deles en territorio español.

Nun comunicado, Hotusa destaca o crecemento experimentado no último tramo do exercicio en Alemaña (14 novos hoteis), Colombia (11) e México (9). No cómputo global de 2017, cabe apuntar a expansión en países como Italia (34), Estados Unidos (30), Colombia (29), Francia (28) e Portugal (27).

Na actualidade, Hotusa Hotels é o consorcio de hoteis independentes número uno do mundo con máis de 2.700 establecementos asociados en 30 destinos europeos, 17 países americanos, sete asiáticos e oito africanos. A compañía basea a súa estratexia nun portafolio de establecementos de diferentes gamas e categorías situados nos principais destinos turísticos.

Comentarios