O D.O. Rías Baixas recolle 36 galardóns no concurso Viños Bacchus 2019

O certame está considerado como a maior competición vitivinícola do país

Unha cata de viños. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Unha cata de viños. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

A Denominación de Orixe Rías Baixas obtivo 36 galardóns na decimoséptima edición do Concurso Internacional de Viños Bacchus 2019.

Das 73 marcas de Rías Baixas presentadas a este certame vinícola, un viño foi premiado co Gran Bacchus de Ouro, 17 co Bacchus de Ouro e 18 co de Prata, informa desde a denominación nun comunicado.

O concurso internacional Bacchus está considerado como o maior certame vitivinícola do país.

A esta decimoséptima edición presentáronse 1.650 viños procedentes de 18 países.

As mostras foron avaliadas por un xurado composto por 84 catadores que se deron cita entre os días 8 e 11 de marzo no Casino de Madrid. 

Comentarios