Viernes. 24.05.2019 |
El tiempo
Viernes. 24.05.2019
El tiempo

Daveiga e as súas galletas mariñeiras, de novo no ranking do Financial Times

As galletas mariñeiras de Daveiga. DAVEIGA
As galletas mariñeiras de Daveiga. DAVEIGA

O diario inclúe a compañía con sede en Chantada entre as mil empresas que están experimentado un crecemento máis rápido en Europa

A empresa Daveiga, que produce as galletas 'Mariñeiras', expresou a súa satisfacción por aparecer de novo no ranking que cada ano publica o diario The Financial Times sobre as mil empresas que están experimentando un crecemento máis rápido en Europa.

En 2018, Daveiga estreouse nesa lista no posto 503, como explicou aos medios de comunicación o seu coordinador, Xosé Lois Lamazares, quen tamén aclarou que este ano a empresa volve aparecer, concretamente na praza 548.

Recoñeceu que a primeira aparición colleu aos responsables da empresa "por sorpresa", a pesar de que, de acordo coas cifras que publica The Financial Times, Daveiga cultivou un crecemento acumulado do 315% no período analizado, concretamente entre os anos 2014 e 2017.

Recordou, así mesmo, o que significa para esta empresa, que comezou con cinco empregados e hoxe ten máis de 50, coarse no "ecuador" dunha listaxe no que aparecen grandes sociedades de sectores como a tecnoloxía, a construción ou os servizos de Alemaña, Francia ou o Reino Unido.

Daveiga, que naceu a principios de 2005, produce 4.000 quilos de galletas 'Mariñeiras' ao día, cunha facturación de 4,7 millóns de euros no último ano. 

Daveiga e as súas galletas mariñeiras, de novo no ranking do...
Comentarios