lunes. 06.04.2020 |
El tiempo
lunes. 06.04.2020
El tiempo

A dirección de PSA Vigo acorda co SIT e UGT os termos do ERTE

Centro de PSA, en Vigo.AEP
Centro de PSA, en Vigo.AEP

A CUT baralla impugnar a medida tomada pola compañía

A dirección de PSA Vigo acordou os termos do expediente de regulación de emprego temporal (ERTE) co Sindicato Independente de Traballadores (SIT) e a organización UXT, que representan ao 75% do comité de empresa, informaron fontes da compañía.

A dirección de PSA Vigo trasladou o pasado día 21 a súa formulación definitiva de aplicación do ERTE para unha das súas dúas liñas de produción, coa novidade de que compensaría con 2.000 euros lineais aos traballadores que aceptasen ir á quenda de fin de semana. O ERTE terá unha duración aproximada de 50 días, aplicable ata decembro de 2019. 

A outra novidade trasladada aos sindicatos, que este luns debían confirmar se aceptaban ou rexeitaban o suxerido pola empresa, era aumentar de 100 a 140 o compromiso por convenio de facer contratos indefinidos neste exercicio.

Do resto, a dirección mantivo invariable o seu ofrecemento dunha cobertura salarial de ata o 80% para os 400 traballadores da liña de produción 1 que se verán afectados pola caída da demanda dos modelos Peugeot 301 e Citroën C-Elysee.

POSIBLE IMPUGNACIÓN. Pola súa banda, o secretario da Sección Sindical da CUT en PSA Peugot Citroën, Vítor Mariño, asegurou, en declaracións a EFE, que o seu sindicato está a analizar xuridicamente o Expediente de Regulación Temporal de Emprego.

"Nós entendemos que non xa que inclúe unha distribución irregular da xornada, a criterios da empresa, e incumpre o preaviso de 24 horas".

"Esta mesma semana decidiremos, segundo o resultado deste estudo, se impugnamos ou non o ERTE", anunciou Mariño á prensa.

A empresa tamén ten que especificar, ante a Xunta de Galicia, os días nos que se vai a levar a cabo este ERTE, entre outros requisitos que pide a administración autonómica.

"Están pendentes da validez legal que lle ten que dar a Xunta", recordou Mariño.

A dirección de PSA Vigo acorda co SIT e UGT os termos do ERTE
Comentarios