Eixo Atlántico pide facer unha excepción coa eeurorrexión no caso de ampliarse a esixencia de PCR

Vázquez Mao recorda que  un constante fluxo de poboación", especialmente de traballadores transfronteirizos, entre Galicia e o norte de Portugal
Frontera con Portugal. ADP
photo_camera Fronteira con Portugal. ADP

 O Eixo Atlántico dirixiuse ao Ministro de Sanidade, Salvador Illa, para solicitarlle que se contemple a "excepcionalidade" das comunicacións entre Galicia e o Norte de Portugal, no caso de que a esixencia de PCR previa a visitantes de fóra do territorio nacional se estendese "máis aló de portos e aeroportos". Así, nunha misiva asinada polo secretario xeral do Eixo, Xoán Vázquez Mao, este organismo trasladoulle o seu "apoio" ao Ministerio de Sanidade pola medida adoptada con respecto a visitantes doutros países, aínda que puntualizou que, se dita medida (a esixencia de probas PCR previas) se estendese máis aló de portos e aeroportos, deben terse en conta as circunstancias "moi características" da fronteira con Portugal, "a máis longa e estable de Europa". 

No caso de Galicia e o Norte de Portugal, ese espazo adquire "o perfil dun territorio común" que, na práctica, "ten moitas máis afinidades cotiás que as que poidan existir, por exemplo, entre Galicia e Levante ou Andalucía". "Vostede mesmo tería ocasión de comprobalo no recente Cumio Ibérico", apuntou Vázquez Mao na súa carta. 

Segundo subliñou o secretario xeral do Eixo, "esta interrelación provoca un constante fluxo de poboación", especialmente de traballadores transfronteirizos, "pero tamén estudantes e investigadores de universidades, executivos e comerciais, e cidadáns do ámbito cultural". "Non é necesario explicar os problemas que para o desenvolvemento económico da nosa eurorrexión tería a aplicación da norma (obrigatoriedade de probas PCR a quen entrasen en España) de forma indiscriminada", apuntou Vázquez Mao, que concluíu a súa carta pedíndolle a Salvador Illa que "contemple situacións de excepcionalidade" neste territorio. 

Iso permitiría a continuidade de actividades sociais e económicas "dentro das limitacións que a pandemia, especialmente a prevención da mesma, e o sentido común aconsellan".  

Comentarios