miércoles. 21.10.2020 |
El tiempo
miércoles. 21.10.2020
El tiempo

Os empresarios galegos celebrarán eleccións en novembro tras preto de tres anos sen presidente

Cartel de la CEG en la propia sede de la patronal gallega. AEP
Cartel de la CEG en la propia sede de la patronal gallega. AEP
A CEG elixirá o sucesor de Antón Arias, que dimitiu do seu cargo en xaneiro de 2018

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) decidiu convocar unha Asemblea Xeral Electoral para o próximo día 24 de novembro para a elección á presidencia da patronal galega e con este único asunto na orde do día.

O organismo, que tivo que aplazar os comicios previstos para o pasado 30 de abril pola crise do coronavirus, elixirá desta maneira ao sucesor de Antón Arias, que dimitiu do seu cargo en xaneiro de 2018.

Tal e como rezan os estatutos da organización, informa o comunicado remitido á prensa, pódense presentar candidaturas ata o sétimo día anterior ao da elección.

Así se decidiu por unanimidade –do mesmo xeito que os demais acordos adoptados–, nas reunións dos órganos directivos da CEG celebradas na mañá deste martes de forma telemática.

Entre os asuntos tratados na orde do día figuraron as liñas de actuación para o diálogo social –con especial atención ás consecuencias derivadas da pandemia covid-19–; e a información sobre as contas da patronal galega.

Para a celebración da Asemblea Xeral Electoral e no que respecta a as propostas para a elección, unicamente poderán ser presentadas por organizacións integradas na mesma –confederacións provinciais ou asociacións sectoriais–, permitíndose a cada organización presentar unha soa candidatura.

Ademais, sinala a nota, o aspirante deberá ser membro da Asemblea Xeral da Confederación de Empresarios de Galicia, pois así o recollen os estatutos da mesma.

Os empresarios galegos celebrarán eleccións en novembro tras preto...
Comentarios