Estrella Galicia introduce o 'elemento aire' na súa nova cervexa: Bidueira

A firma lanzará ao mercado 10.000 litros deste producto, que poderá adquirirse vía online e en puntos de venda seleccionados

Imaxe da cervexa Bidueira. ESTRELLA GALICIA
photo_camera Imaxe da cervexa Bidueira. ESTRELLA GALICIA

Estrella Galicia lanza a súa nova cervexa Bidueira o próximo 25 de xuño introducindo o elemento aire na súa receita inspirándose na Rauchbier, a cervexa de fume de Bamberg.

Segundo a cervexeira, a receita baséase en integrar unha malta Pilsen afumada con madeira de bidueiro durante 24 horas no afumador de queixos de San Simón da Costa (DOP) da tradicional Queixería Prestes.

Estrella Galicia di que para crear este "grolo afumado, tívose moi en conta que o 35% do moenda estivese constituído por esta malta afumada, fundamental na experiencia sensorial perseguida pola cervexeira".

Segundo a súa nota de cata, a cervexa caracterízase a primeira ollada pola súa cor cobre e a súa coroa de espuma beixe, cun intenso aroma a maltas afumadas que terminan en notas que evocan a madeira, caramelo e café. No padal, destaca o seu amargor cun intenso sabor afumado que persiste tras o grolo.

Luis Alvar, mestre cervexeiro de Estrella Galicia, sinala que "integrar o elemento aire nunha das nosas receitas cervexeiras foi un reto para todo o equipo, pero creo que o resolvemos cunha proposta moi atractiva e que vai sorprender aos consumidores".

Sobre a elaboración, Alvar sinala que "ter aquí á beira aos queixeiros de San Simón cunha longa experiencia afumando os seus queixos proporcionounos unha oportunidade única para afumar a malta e proporcionar este toque único á nosa Bidueira".

Desde os inicios deste proxecto os mestres cervexeiros da casa mostráronse dispostos a propor receitas "por terra, mar e aire" e nesta ocasión chegou o momento de abordar este último elemento: o aire.

Bidueira é a sétima edición da Fábrica de Cervexas Estrella Galicia, que chega tras as anteriores edicións de Pementos de Padrón, Percebes da Costa da Morte, Cabaza e Vainilla, Castañas, a Galician Irish Red (a rubia) e a de mel. Estrella Galicia lanzará ao mercado 10.000 litros desta cervexa que poderá adquirirse vía online e en puntos de venda seleccionados.

Comentarios