martes. 26.05.2020 |
El tiempo
martes. 26.05.2020
El tiempo

Galicia contará cun comité de expertos para deseñar medidas para a recuperación económica

Alberto Núñez Feijóo. SEBAS SENANDE
Alberto Núñez Feijóo. SEBAS SENANDE
As súas funcións principais serán determinar o impacto da emerxencia sanitaria, a previsión da caída do Produto Interior Bruto, a previsión da diminución dos ingresos vía tributaria e definir o impacto no déficit público

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este xoves que Galicia contará cun comité de expertos no ámbito económico para asesorar ao Executivo autonómico sobre o impacto da crise do covid-19 e avaliar futuras medidas de recuperación.

"Temos que deseñar medidas para a recuperación paulatina da nosa economía, xestionar a emerxencia sanitaria e ir pensando nas semanas posteriores ao levantamento do estado de alarma", abundou, na rolda de prensa posterior á reunión semanal do Consello da Xunta, celebrada de forma telemática como é habitual ante a crise sanitaria do coronavirus.

Segundo explicou, este comité contará con expertos do ámbito académico e da sociedade civil, así como das empresas. Tamén con persoas vinculadas ao Círculo de Empresarios de Galicia, ao Foro Económico de Galicia e á Asociación da Empresa Familiar de Galicia, entre outras organizacións. Estará representado, así mesmo, todo o equipo económico do Goberno galego -Facenda, Economía, Medio Rural e Mar-.

As súas funcións principais serán determinar o impacto da emerxencia sanitaria na economía, a previsión da caída do Produto Interior Bruto, a previsión da diminución dos ingresos vía tributaria de Galicia e do conxunto de España, así como definir o impacto que suporá no déficit público.

"Con esta información traballaremos no ámbito do diálogo social, coas organizacións sindicais e patronais", concluíu o presidente galego.

Galicia contará cun comité de expertos para deseñar medidas para a...
Comentarios