Unha liña de axudas impulsa a contratación de douscentos mozos galegos

O Diario Oficial de Galicia publicou a iniciativa que forma parte do Sistema de Garantía Xuvenil

Unha liña de axudas impulsa a contratación de douscentos mozos galegos en entidades sen ánimo de lucro, informa a Consellería de Economía, Emprego e Industria.

O Diario Oficial de Galicia publicou a iniciativa que forma parte do Sistema de Garantía Xuvenil, pensada para menores de trinta anos que se benefician dunha práctica profesional que facilita a súa inserción laboral.

Están consignados 2,5 millóns de euros para esta liña de axudas, cunha contía de máis de 12.000 euros por beneficiario.