lunes. 19.08.2019 |
El tiempo
lunes. 19.08.2019
El tiempo

Méndez evita o banquiño

José Luis Méndez. AGN
José Luis Méndez. AGN

A Audiencia Nacional arquiva a causa contra o exdirector xeral de Caixa Galicia por un suposto perxuízo de 50 millóns nun crédito

José Luis Méndez e o seu equipo non terán que responder ante a Xustiza. A Audiencia Nacional arquivou unha causa contra o exdirector xeral de Caixa Galicia por un suposto prexuízo de 50 millóns nun crédito co que financiara unha construtora nunha promoción en Alacante. O motivo: pasara o tempo e prescribira o posible delito.

O xornal Faro de Vigo publicaba este mércores na edición impresa que a "lentitude do FROB" foi determinante para que o equipo directivo de Caixa Galicia se marche de rosiñas mentres que a cúpula de Caixanova, a outra entidade galega, aínda terá que afrontar varios xuízos pendentes tras pasar pola cadea para cumprir a pena polas prexubilacións.

Méndez evita o banquiño
Comentarios