Mega celebra a súa reapertura cun paseo virtual e un festival en streaming

O museo de Estrella Galicia, o maior dedicado á cervexa de España, volverá abrir as súas portas baixo unhas estritas medidas de seguridade
MEGA, Mundo Estrella Galicia. EP
photo_camera MEGA, Mundo Estrella Galicia. EP

O vindeiro venres 19 de xuño (19.06) Mega celebrará o seu reinauguración compartindo cos seus seguidores un gran evento de carácter cervexeiro e musical que se emitirá a través das redes sociais de Estrella Galicia. ás 19:06 horas, o museo da cervexa de Estrella Galicia abrirá as súas portas para que o público poida realizar un paseo virtual por algunha das salas máis emblemáticas deste espazo expositivo único no noso país.

O presentador Quique Morais será o condutor deste percorrido inédito no que os seguidores terán a última palabra xa que os seus votos serán os que determinen que espazos serán desvelados. Ademais, coñecerán de primeira man algunhas das medidas que se implantaron para garantir a seguridade ao longo de toda a experiencia que ofrece Mega aos seus visitantes. 

O paseo virtual dará paso ao 19.06 Soundbrewing Festival, o festival intercontinental en streaming que SON Estrella Galicia celebrará reunindo nun mesmo escenario (físico e virtual) a artistas tan diversos e singulares como son Porridge Radio, Califato ¾, Hotelo e Laura LaMontagne & Pico Amperio. Todos eles interpretarán sets exclusivos preparados especificamente para a ocasión e que representarán a cultura musical do seu lugar de orixe.
 
Cada artista representa unha das etapas na historia de Estrella Galicia. Laura LaMontagne & Pico Amperio, galegos de prol, veñen ser a orixe, o lugar onde empezou todo. Serán os encargados de arrincar o festival e farano en directo desde Mega na Coruña. Os españois Califato ¾ son o presente, xa que Estrella Galicia está repartida por toda a nosa xeografía. O seu concerto terá lugar desde o seu Sevilla natal. Para rematar, chegará o futuro, personificado en Hotelo e en Porridge Radio como expoñentes da expansión internacional que afronta Estrella Galicia por territorios como Latinoamérica ou Europa. Neste caso poderase gozar do seu directo desde Sãou Paulo (Brasil) e Londres (UK) respectivamente.
 
O evento de reinauguración de Mega co 19.06 Soundbrewing Festival poderanse seguir desde as redes sociais de SON Estrella Galicia, de Mega e tamén desde as de Estrella Galicia España, Reino Unido e Brasil.

SEGURIDADE. Mega volverá abrir as súas portas ao público tras un intenso traballo do equipo para adaptar o seu percorrido ao cumprimento de estritas medidas de seguridade. Estas medidas van moito máis alá das esixencias sanitarias que marca a normativa e teñen como principal obxectivo ofrecer a experiencia de sempre aos seus visitantes, pero moito máis segura.

O museo da cervexa de Estrella Galicia redeseñou a súa experiencia e, durante as primeiras semanas tras a súa reapertura, só acollerá visitas guiadas reservadas previamente a través da web (www.mundoestrellagalicia.es). Deste xeito, controlará o aforamento ata un máximo de 80 persoas diarias en diferentes quendas para evitar que coincidan nos mesmos espazos.

A experiencia a partir de agora está enfocada a un modelo de atención moito máis individualizado e os visitantes estarán acompañados por guías expertos desde a súa entrada ata a saída, tras gozar da degustación de cervexas. Serán máis de dos horas de experiencia personalizada que se enriqueceu con algunhas novidades e sorpresas.

En palabras de Rodrigo Burgos, director de Mega, "o gran reto para nós foi combinar o carácter experiencial deste espazo expositivo, que permite aos visitantes interactuar, tocar e probar, coa aplicación de exquisitas medidas de seguridade". Engade que "creo que conseguimos alcanzar ese equilibrio personalizando a atención a cada un dos nosos visitantes. Isto supón un importante esforzo do equipo para dar ese servizo individualizado, pero garantimos así que cada un deles goce ao máximo da experiencia sen correr ningún risco". 

A seguridade situouse no centro das prioridades de Mega e, ademais de pór a disposición do visitante tanto máscara como luvas e xeles hidroalcólicos, o percorrido e a localización dos visitantes en cada espazo están perfectamente sinalizados de forma que se manteña ao máximo a distancia social.

Ademais, cada persoa recibirá ao chegar un kit individual con materias primas, lapis táctil e copa para a degustación de cervexa que poderá aprender a servirse desde a billa con axuda dos nosos expertos. A todo isto, sumaranse diversas sorpresas que o equipo de Mega preparou co obxectivo de enriquecer ao máximo a experiencia dos visitantes.

Comentarios