jueves. 03.12.2020 |
El tiempo
jueves. 03.12.2020
El tiempo

Naturgy ofrece a 20.000 negocios galegos aprazar as facturas para mitigar a crise

Sede de Naturgy. EP
Sede de Naturgy. EP
Os interesados poderán rexistrar, a partir do 16 de novembro e a través da web www.naturgy.es a petición

Naturgy aprazará e financiará as facturas de luz e gas para os clientes que así o soliciten (pemes e autónomos galegos) naqueles sectores que vexan minguada a súa actividade polas restricións da covid-19. Estima que os beneficiarios poden alcanzar un total de 20.000. 

A empresa enerxética ha sinalado nun comunicado que, aínda que o sector máis beneficiado por esta medida será o da hostalería e a restauración, outros como o das artes escénicas e musicais, equipamentos deportivos ou centros de estética, poderán solicitala tamén. 

Os interesados poderán rexistrar, a partir do 16 de novembro e a través da web www.naturgy.es, a petición para o adiamento das facturas emitidas desde a data de solicitude ata o 31 de xaneiro do 2021. 

Naturgy indicou que aprazará o pago destas facturas durante eses meses e financiará os pagos dos seus clientes sen intereses e durante 12 meses a partir do mes de febreiro 2021. 

Esta iniciativa, de apoio económico e social, xa se activou durante a primeira onda da pandemia. A este respecto, o presidente de Naturgy, Francisco Reynés, subliña: "Asistimos a unha segunda onda da pandemia que afecta unha vez máis ás economías domésticas. Reactivar a nosa iniciativa permitirá a pemes e autónomos xestionar a súa liquidez a medioplazo e que poidan soportar este período". 

Naturgy ofrece a 20.000 negocios galegos aprazar as facturas para...
Comentarios