A pensión media en Galicia sobe pero é 150,25 euros inferior á nacional

O número total de pensións na comunidade situouse en 765.303, un 0,6 % máis que o mesmo mes de 2018

As pensións galegas son as segundas máis baixas de España. EP
photo_camera As pensións galegas son as segundas máis baixas de España. EP

O importe da pensión media en Galicia, que comprende as de xubilación, incapacidade permanente, viuvez, orfandade e a favor de familiares, ascendeu un 5,9% en febreiro en taxa interanual ata os 834,91 euros, aínda que é 150,25 euros inferior á nacional, que tamén subiu un 5,7% este mes.

O número total de pensións na comunidade situouse en 765.303, un 0,6 % máis que o mesmo mes de 2018, segundo datos do Instituto Nacional da Seguridade Social do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Do total, 478.406 pensións foron por xubilación por importe de 948,27 euros de media; 186.928 por viuvez, con 597,18 euros; 69.892 pensións foron por incapacidade permanente, con 872,55 euros; 23.608 por orfandade, con 397,20 euros; e 6.469 en favor de familiares,con 512,21 euros.

No conxunto nacional, o gasto mensual en pensións contributivas da Seguridade Social alcanzou os 9.563,12 millóns de euros en febreiro, o que supón un incremento interanual do 7,15 %, unha alza non vista en dez anos.

Comentarios