viernes. 30.10.2020 |
El tiempo
viernes. 30.10.2020
El tiempo

PharmaMar dispárase un 8,6% en Bolsa tras anunciar que gañou 113,8 millóns ata xuño

Instalacións de PharmaMar en Madrid. EP
Instalacións de PharmaMar en Madrid. EP
Os ingresos do grupo con raíces en Galicia multiplicáronse por catro no primeiro semestre 

A cotización de PharmaMar disparouse este xoves un 8,6% en Bolsa, tras presentar uns resultados semestrais que reflicten un beneficio de 113,8 millóns de euros entre xaneiro e xuño, fronte ás perdas de 21 millóns do mesmo período do ano anterior. Foi clave que multiplicou por catro os seus ingresos (ata os 169,1 millóns), cunhas vendas no capítulo de oncoloxía que alcanzaron os 47 millóns, un 29% máis.

Os ingresos do grupo con raíces galegas derivados de acordos de licenza chegaron a 115 millóns, e derivan principalmente do subscrito con Jazz Pharmaceuticals.

Aínda que lonxe das cifras do segmento de oncoloxía, destaca o incremento rexistrado no de diagnóstico, con vendas por 5,6 millóns, un 110% máis. Segundo a compañía, este aumento reflicte principalmente a comercialización do test de diagnóstico de Covid-19 a partir da segunda metade do mes de marzo.

Na xornada de presentación destes números, os títulos da farmacéutica española pecharon a sesión bolsista a un prezo de 97,4 euros

Hai menos de dúas semanas, o valor alcanzou o seu máximo histórico en Bolsa logo dun ano no que o prezo da acción se multiplicou por mor dun acordo en Estados Unidos valorado en arredor de 900 millóns de euros, que supuxo un antes e un despois para a compañía. 

Con todo, despois de que o 20 de xullo realizase unha agrupación (contrasplit) das súas accións na proporción dunha acción nova por cada 12 preexistentes —que supuxo pasar dun valor de 10 euros a custar case 130 euros—, a súa evolución en Bolsa saldouse cunha caída do 22% en menos dunha semana

Por mor da presentación destes resultados semestrais, período no que o grupo non se acolleu a medidas de regulación de emprego ou de redución de persoal, a acción está a un paso de recuperar o nivel dos 100 euros.

PharmaMar dispárase un 8,6% en Bolsa tras anunciar que gañou 113,8...
Comentarios