Pili Carrera presenta concurso de acredores

A firma de moda infantil non pode facer fronte ás súas obrigacións de pago

Pili Carrera. SALVADOR SAS
photo_camera Pili Carrera. SALVADOR SAS

A firma de moda infantil galega Pili Carrera presentou este venres no xulgado do Mercantil de Pontevedra concurso de acredores ante a imposibilidade de facer "fronte ás obrigacións contraídas cos seus acredores nos prazos acordados" nunha "contorna complexa e competitiva". 

A través dun comunicado, a téxtil apunta a que tomou esta decisión "por responsabilidade" e logo de intentar nos últimos meses "facer fronte á totalidade dos compromisos de pago por diversas vías, sen que ningunha obteña o resultado esperado". 

Ante isto, apunta, a situación que se expón a curto prazo é acordar un plan de viabilidade e un plan de pagos cos acredores; un acordo que confía en que "sexa a solución para a continuidade da compañía e dos postos de traballo". 

Pili Carrera expresou o seu compromiso cos seus clientes, rede de tendas propias, socios franquiciados e establecementos detallistas tanto en España como no estranxeiro. "Este compromiso pasa por continuar apostando como ata agora por un modelo de fabricación realizado no seu centro de Mos (Pontevedra)", destaca a firma.

Comentarios