Jueves. 21.06.2018 |
El tiempo
Jueves. 21.06.2018
El tiempo

Prognostican unha Semana Santa de "récord" en Galicia con máis de 10.000 contratos de traballo

A hostalaría experimenta un repunte en Semana Santa. ADP
A hostalaría experimenta un repunte en Semana Santa. ADP

Un estudo de Randstad cifra o incremento da contratación no 9,9% respecto de 2017 

A empresa de recursos humanos Randstad prevé que a campaña de Semana Santa xere 10.390 contratos en Galicia, o que supón un 9,9% máis que o volume rexistrado en 2017, que se situou en 9.450 contratos. 

"Trátase da cifra máis elevada da historia" na comunidade, segundo destaca a compañía, que indica que no últimos cinco anos, desde 2013, o crecemento sitúase no 78,3%, con máis de 4.500 contratos máis.

Este incremento vén impulsado, principalmente, segundo explica, "polos bos datos rexistrados nas provincias de Pontevedra (11,5%) e A Coruña (9,9%), seguidas de Lugo (7,3%) e Ourense (5,2%). Estes datos sitúan a Galicia por encima da media estatal. Así, no conxunto do estado, a Semana Santa tamén se sitúa a priori para Randstad como "a mellor da historia", cun volume de 182.700 contratos, un 9,7% máis que en 2017. 

Segundo Luís Pérez, director de relacións institucionais de Randstad, "a contratación temporal é a máis utilizada nesta época do ano, xa que serve para que as empresas reforcen os seus cadros ante o incremento de volume dos seus negocios neste período". 

Prognostican unha Semana Santa de "récord" en Galicia con máis de...