Os prezos industriais sofren unha caída histórica do 9% en maio en Galicia

O retroceso é maior que o da media española

O Índice de Prezos Industriais (IPI) afundiuse un 9% en maio en Galicia en comparación co mesmo mes de 2019 debido ao impacto do coronavirus, segundo os datos que publica este xoves o Instituto Nacional de Estadística (INE). 

Este retroceso é lixeiramente superior ao esborralle histórico que se produce en España (-8,7%), a maior baixada de prezos industriais desde o comezo da serie, en 1975. 

Respecto de abril, tamén un empeoramento dos prezos industriais en Galicia, cun descenso dun 0,1%, polo que supera a marca negativa do mes anterior. 

De media do que vai de ano, entre xaneiro e maio, hai unha caída do 6% na comunidade galega. O feito é que os prezos industriais comezaron o ano en positivo os dous primeiros meses, pero por mor da incidencia da pandemia desde marzo son xa tres meses de retrocesos interanuais consecutivos. 

Comentarios