martes. 29.09.2020 |
El tiempo
martes. 29.09.2020
El tiempo

Ritz Carlton confirma a súa intención de construír outros dous buques en Barreras

2020020319240171300
2020020319240171300
Avanzan as "conversacións" para outros contratos e sobre a débeda de Havila, mentres as auxiliares repiten que queren cobrar 
 

The Ritz Carlton Yatch Collection (a división de cruceiros de luxo da multinacional e propietaria do estaleiro Hijos de J. Barreras) confirmou nas últimas horas a súa intención de construír dous novos buques na bancada viguesa, os irmáns do Evrima (o 1705), e trasladou o seu compromiso co "futuro" da empresa, ligado á resolución dos "problemas herdados". 

Así o manifestou o CEO de The Ritz Carlton Yatch Collection, Douglas Prothero, nunha reunión por videoconferencia celebrada nas últimas horas cos provedores do estaleiro, e na que constatou que o futuro do estaleiro está "moi ligado á resolución dos problemas herdados da etapa anterior". 

Segundo sinalaron a Europa Press fontes coñecedoras do contido desa reunión, Prothero quixo enviar unha mensaxe de "confianza" aos acredores e industria auxiliar, incidindo no compromiso co estaleiro. A ese respecto, o conselleiro delegado da naviera rexeitou o rumor de que Ritz Carlton só pretende acabar o Evrima, e lembrou o "enorme esforzo" realizado na reestruturación e adquisición do estaleiro. 

Por iso, con respecto ao futuro de Barreras, Prothero confirmou a construción dos dous buques 'irmáns' do cruceiro de luxo que se está acabando en Vigo. "O noso plan é iniciar a construción do 1706 a finais deste ano e comezar a construción do terceiro na primeira parte do próximo ano", avanzou. 

En todo caso, o conselleiro delegado insistiu na importancia de terminar o Evrima e lembrou que, unha vez que xa se abonar o 50 % da débeda cos provedores deste barco, o pago da segunda metade está ligado ao pago de beneficio vinculado ao 'tax lease'. Ademais, subliñou, a 'prenda' sobre os remanentes do 'tax lease' anunciada "xa está lista para que os provedores se adhiran a ela".

DÉBEDAS POLOS ENCARGOS DE HAVILA. Así mesmo, o novo responsable de Hijos de J. Barreras lembrou que o estaleiro está a traballar para dar solución ao conflito coa armadora Havila (que ten dous proxectos bloqueados na bancada de Beiramar), e que dita solución estará perfilada "cara a mediados de outubro". A ese respecto, instou aos provedores a traballar co equipo financeiro do estaleiro no proceso de "verificación" da débeda. 

No entanto, matizou que se está negociando con posibles compradores interesados en terminar eses dous barcos. Se esas negociacións non chegan a bo porto, Barreiras despezaraos "para poder dispor de espazo para outros proxectos".

AUXILIARES ACREDORES. A industria auxiliar acredora do estaleiro vigués Hijos de J. Barreras valorou esa mensaxe de "confianza" trasladado nas últimas horas polo conselleiro delegado de The Ritz Carlton Yatch Collection, aínda que precisou que as empresas seguen reclamando "cobrar ou polo menos ter garantías de cobro" dos seus créditos. 

Segundo explicou o secretario xeral de Asime (Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia) e portavoz da plataforma Uninaval, o CEO de The Ritz Carlton Yatch Collection buscou "tranquilizar" aos provedores. Así, aínda que Mallón trasladou "todo o apoio aos novos proxectos" anunciados, tamén insistiu en que "as empresas queren cobrar". 

"Confiamos neses plans de futuro, cremos que hai capacidade para levar adiante o proxecto, pero tamén ten que haber garantías reais e efectivas de que as auxiliares van cobrar as súas débedas. Pola contra, as empresas, que agora teñen a uns 800 traballadores nas bancadas de Barreras, poderían marchar. E iso non o quere ninguén", proclamou. 

A CIG alerta dun 2021 "morto" en Navantia coa perda de "case 3.000 postos de traballo"
A Confederación Intersindical Galega (CIG) alertou de que 2021 será un "ano morto" no estaleiro de Navantia Ferrol dado que, unha vez parta a final deste 2020 o segundo barco loxístico para a Armada australiana (o primeiro saíu o pasado mércores), non haberá carga de traballo até febreiro de 2022, data na que está previsto que comecen os traballos de construción das fragatas F-110 para a Armada de España. 

Así o expresou o responsable do sindicato nacionalista no estaleiro da cidade naval, Marcelo Amado, en declaracións aos medios ás portas do Parlamento de Galicia, onde na mañá deste xoves (xornada na que finaliza o debate de investidura) concentráronse decenas de traballadores de Navantia Ferrol para reclamar carga de traballo. 

"A final de ano imos quedar sen carga de traballo. Non é dicir que haberá pouca, é que non vai haber ningunha", advertiu Amado, que puxo o foco en que non haberá actividade, con excepción da eólica e a eólica mariña, ata que se inicie a construción das fragatas F-110, o que suporá que "3.000 persoas queden sen traballo" até febreiro de 2022, cando está previsto que arrinquen as tarefas, aínda que a CIG dá por feito que será máis tarde. 

Ritz Carlton confirma a súa intención de construír outros dous...
Comentarios