Anova non concorrerá ás eleccións xerais

Toman a decisión tras non  non alcanzar un acordo con Esquerda Unida e Podemos Galicia

Antón Sánchez AEP
photo_camera Antón Sánchez. AEP

Anova Irmandade Nacionalista anunciou que non concorrerá ás eleccións xerais do próximo 26 de abril despois de non alcanzar un acordo con Esquerda Unida e Podemos Galicia para a reedición da coalición electoral á marxe do partido instrumental En Marea, que se presentará en solitario. 

A organización que encabeza o deputado Antón Sánchez informou da decisión a través dun comunicado no que apuntan que, após non frutificar as negociacións que nas últimas semanas mantiñan con Podemos e EU, "centrará os seus esforzos nas próximas municipais traballando no espazo da Unidade Popular". 

"Lamentablemente non se dan as condicións políticas para que Anova poida asinar un acordo semellante ao que deu orixe á coalición En Marea en 2016", sinala o comunicado de Anova, emitido a poucas horas do peche na medianoite deste venres do prazo para rexistrar coalicións electorais. 

Comentarios