Boye queda en liberdade sen cautelares tras declarar por branqueo na AN

A Fiscalía Antidroga solicitara que se lle impuxes a obriga de comparecer quincenalmente en sede xudicial ou policial
O avogado de Carles Puigdemont e de Quim Torra, Gonzalo Boye Tusset, á súa chegada á Audiencia Nacional. EMILIO NARANJO
photo_camera O avogado de Carles Puigdemont e de Quim Torra, Gonzalo Boye Tusset, á súa chegada á Audiencia Nacional. EMILIO NARANJO
Gonzalo Boye, o avogado que coordina a defensa xurídica do expresidente da Generalitat de Cataluña Carles Puigdemont e que ata o pasado día 8 representaba ao narco coñecido como Sito Miñanco, quedou en liberdade e sen medidas cautelares tras declarar durante algo máis de media hora na Audiencia Nacional investigado por un suposto delito de branqueo de capitais.
 
En declaracións ao terminar a comparecencia, o propio Boye explicou que a Fiscalía Antidroga solicitou que se lle impuxese obrigación de comparecer quincenalmente en sede xudicial ou policial, non así unha prohibición de abandonar o país.
 
Finalmente, a xuíza María Tardón decidiu non adoptar medidas cautelares de restrición da súa liberdade

Comentarios