Colau perde a moción de confianza e reta á oposición a buscar un goberno alternativo

A alcaldesa de Barcelona aprobará o seu orzamento se non chegan a un acordo

Ada Colau. QUIQUE GARCÍA (EFE)
photo_camera Ada Colau. QUIQUE GARCÍA (EFE)

A alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, perdeu este venres, tal e como era previsible, a moción de confianza que presentou no pleno, vinculada á aprobación do orzamento municipal de 2018, nunha sesión na que retou á oposición a buscar un goberno alternativo.

Os 30 concelleiros da oposición votaron en contra da moción de confianza, tras argumentar a súa "non" na incapacidade de diálogo e acordo da alcaldesa, que sinalou á oposición que agora son eles os que teñen "o reto de conformar un goberno alternativo antes de trinta días", prazo do que dispoñen para presentar unha moción de censura.

Se nestes 30 días non se presenta un goberno alternativo, o que a correlación de forzas fai imposible na práctica, Ada Colau seguirá sendo a alcaldesa e o orzamento estará automaticamente aprobado.

Comentarios