jueves. 17.06.2021 |
El tiempo
jueves. 17.06.2021
El tiempo

A Fiscalía pide manter a euroorde e suspender a inmunidade de Puigdemont

Puigdemont, en Finlancia el 23 de marzo. JUANJO GALÁN
Puigdemont, en Finlancia. JUANJO GALÁN

A Fiscalía pediu ao xuíz instrutor do "procés", Pablo Llarena, que manteña as euroordes e o resto de medidas cautelares contra o expresidente catalán Carles Puigdemont e o exconseller Toni Comín, á vez que solicita ao Parlamento Europeo a suspensión da súa inmunidade.

Nun escrito, datado o pasado 20 de decembro, os fiscais do caso tamén piden que se informe o xuíz belga que debe decidir sobre as súas ordes de detención e entrega para que "deixe sen efecto os prazos para a resolución" das mesmas ata que o Parlamento Europeo decida se lles suspende a inmunidade.

Tras a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE) que recoñeceu que o líder de ERC, Oriol Junqueras, debeu gozar de inmunidade como eurodeputado desde que a proclamación dos resultados das eleccións (13 de xuño), a Fiscalía expresou a súa postura en relación a Puigdemont e Comín a petición do xuíz Llarena, que recoñeceu que o fallo podía ter a mesma incidencia nos fuxidos en Bélxica.

No seu escrito, no que pide que Llarena manteña todo o acordado contra eles (prisión provisional, euroordes e declaración de rebeldía), a Fiscalía repróchalles que queiran "acollerse ao paraugas da inmunidade" que ao seu xuízo lle concedía a elección como europarlamentarios para eludir a súa entrega e o xuízo en España.

A Fiscalía pide manter a euroorde e suspender a inmunidade de...
Comentarios