A Generalitat abre expediente a Zara por non incluír o catalán nas súas etiquetas

A Lei de Consumo de Cataluña esixe que para este tipo de inscricións se incúa a lingua vernácula

Letrero de una tienda de Zara. AEP
photo_camera Letrero de una tienda de Zara. AEP

A Generalitat anunciou que abriu expediente a Zara por non facer uso do catalán nas etiquetas das pezas que vende nas súas tendas.

A medida chega despois de que a Plataforma per la Llengua, ademais de diversos usuarios de redes sociais, denunciase que o xigante téxtil vulnerase así  Lei do Código de Consumo de Cataluña, que obriga a etiquetar polo menos en catalán calquera produto que poña á venda na Comunidade.

A reacción mediática contra estas tendas de Inditex produciuse en resposta á denuncia do exdeputado de Ciutadans Jordi Canas, que publicou en Twitter unha queixa de que a cartelaría do Zara barcelonés de Porta del Ángel, estivese en catalán e inglés, pero non en castelán.

Comentarios