O número de falecidos diarios en España cae de 217 a 138

Con todo, produciuse unha subida nos contaxiados diarios, con 549 novos positivos por PCR, en comparación cos 506 do xoves
Fernando Simón. EFE
photo_camera Fernando Simón. EFE

España rexistrou 138 falecidos con Covid-19 nas últimas 24 horas, o que supón un descenso fronte a onte, cando se notificaron 217 falecementos, segundo os últimos datos publicados polo Ministerio de Sanidade. O número total de falecidos xa ascende a 27.459. 

Con todo, produciuse unha subida nos contaxiados diarios, con 549 novos positivos por PCR, en comparación cos 506 do xoves. Desde o inicio da pandemia, 230.183 persoas infectáronse de Covid-19. Delas, 144.783 xa o superaron, unhas 1.400 máis que onte (143.374). 

Nas últimas 24 horas precisaron de hospitalización 346 persoas, para un total de 124.571 no total da serie histórica. Tamén se produciron 29 ingresos en Unidades de Coidados Intensivos (UCI), elevando a cifra total a 11.493. 

Comentarios