Os paseos e o deporte individual poderanse realizar de 6 a 10 e de 20 a 23 horas

Establécense catro franxas e modifícanse as condicións das saídas dos nenos ►Permitiranse as actividades non profesión de recolección e coidado de hortos
O ministro de Sanidade, Salvador Illa en rolda de prensa. EFE
photo_camera O ministro de Sanidade, Salvador Illa. EFE

O ministro de Sanidade, Salvador Illa, revelou este xoves en rolda de prensa os diferentes tramos horarios nos que os cidadáns poderán saír a exercitarse ou pasear desde este sábado 2 de maio, durante a fase cero da desescalada programada polo Executivo de Pedro Sánchez. 

As diferentes franxas horarias son as seguinte:

ACTIVIDADE FÍSICA E PASEOS DE ADULTOS.  Entre as 6.00 e as 10.00 e entre as 20.00 e as 23.00.
Adultos de máis de 14 anos e só unha hora. O deporte, sen saír do municipio. Os paseos, a un quilómetro do domicilio

PASEOS PERSOAS DEPENDENTES.  Entre as 10.00 e as 12.00 e entre as 19.00 e as 20.00
Poden ir acompañados. A un quilómetro do domicilio

PASEOS DE NENOS. Quedan limitados a entre as 12.00 e as 19.00

OS MAIORES DE 70 ANOS. Entre as 10.00 e as 12.00 e entre as 19.00 e as 20.00
Poden ir acompañados. A un quilómetro do domicilio

MUNICIPIOS DE 5.000 HABITANTES. Quedan libres do sistema de franxas ao non existir riscos de aglomeracións

Desta forma, o Goberno permitirá saír a facer deporte de forma individual e pasear con outra persoa coa que se conviva unha vez ao día a partir do 2 de maio. O deporte ao aire libre deberá realizarse no mesmo municipio de residencia, mentres que no caso dos paseos non poderá un afastarse a máis dun quilómetro de distancia do seu domicilio. 

Na mesma orde, restrínxese o horario dos paseos xa permitidos para os menores de 14 anos entre as 12.00 do mediodía e as 19.00 horas, co obxectivo de que as persoas autorizadas a saír das súas casas unha vez ao día non se concentren nas mesmas horas. 

As persoas con síntomas compatibles coa enfermidade da Covid-19 ou que se atopen en corentena tras contaxiarse ou por estar en contacto cunha persoa portadora do virus non estarán autorizados a gozar destes paseos nin a saír a facer deporte.

SURF.  O ministro, preguntado tras a comparecencia, aclarou que a práctica do surf poderase realizar a condición de que non se salga do municipio.

HORTOS. Illa tamén anunciou durante a súa comparecencia que se permitirán as actividades non profesión de recolección e coidado de hortos a condición de que se realicen baixo as normas que serán publicadas este venres no BOE.

Comentarios