lunes. 10.05.2021 |
El tiempo
lunes. 10.05.2021
El tiempo

Pechado un cámping de Zarautz con 250 clientes por dous casos de Covid-19

Camping Talai Mendi. GOOGLE MAPS.
Camping Talai Mendi. GOOGLE MAPS.
Os usuarios xa están a ser sometidos ás probas PCR
O Departamento vasco de Saúde pechou o cámping Talai Mendi de Zarautz tras detectar dous casos positivos de Covid-19 e está a someter a probas PCR aos 250 clientes que se atopan no seu interior. 

Segundo informou a EFE o alcalde de Zarautz, Xabier Txurruka, os clientes, na súa gran maioría persoas moi novas, e incluso algúns deles menores, non terán a obrigación de quedar confinados no interior do cámping, senón que, unha vez sometidos á PCR, volverán ás súas casas tras asinar un compromiso de que permanecerán illados nelas ata coñecer o resultado das probas. 

O Departamento de Saúde adoptou a decisión de someter a probas a todos os usuarios deste cámping de Zarautz tras realizar un seguimento dun positivo que estivera no cámping, o que lle permitiu detectar dous casos de Covid-19 entre os usuarios da instalación. 

Durante a xornada de hoxe, patrullas da garda urbana de Zarautz e da Ertzaintza vixían os accesos ao cámping para evitar que ninguén entre ou saia sen permiso, mentres que persoal sanitario se atopa no interior practicando as probas, que finalizarán ao longo da tarde de hoxe, segundo indicou Txurruka. 

O primeiro edil zarauztarra explicou que este cámping é moi popular entre o público novo e non tanto por turistas chegados doutros territorios. 

Pechado un cámping de Zarautz con 250 clientes por dous casos de...
Comentarios