Puigdemont ameaza cun "colapso institucional" se impiden investir a Sànchez

O líder de JxCat cre que o Estado estaría cometendo un delito

Carles Puigdemont, en Bruselas. EFE
photo_camera Carles Puigdemont, en Bruselas. EFE

O líder de Junts per Catalunya (JxCat), Carles Puigdemont, augurou este venres un "colapso constitucional" no Estado se se produce un veto xudicial á investidura de Jordi Sànchez como presidente da Generalitat e acaba habendo unhas novas eleccións en Cataluña.

En declaracións a RAC 1, un día después de renunciar provisionalmente a súa pretensión de ser investido president, Puigdemont denunciou a "democracia de pladur" que, ao seu xuízo, hai en España e alertou de que se o Estado pon "trabas" á investidura de Sànchez estará cometendo "un gravísimo erro" e "probablemente tamén un delito". 

Puigdemont anunciou o xoves, nun vídeo difundido a través das redes sociais, que renunciaba "de xeito provisional" á súa investidura e, no seu lugar, propón o nome de Jordi Sànchez, quen recolleu a luva e aceptou ser candidato: "É unha honra".

Comentarios