Rajoy proporá o venres a Ayllón como novo xefe de Gabinete de Presidencia

Substituirá a Jorge Moragas, que foi nomeado embaixador de España ante as Nacións Unidas

José Luis Ayllón. AEP
photo_camera José Luis Ayllón. AEP

O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, proporá ao próximo Consello de Ministros o nomeamento de José Luis Ayllón Manso como novo xefe de Gabinete da Presidencia do Goberno, cargo no que substitúe a Jorge Moragas, que foi nomeado embaixador de España ante as Nacións Unidas. 

Ayllón é nestes momentos o secretario de Estado de Relacións coas Cortes, cargo que leva desempeñando desde o ano 2011. Anteriormente formou parte do Gabinete do Presidente do Goberno no ano 2001 e foi deputado do Partido Popular en varias lexislaturas. 

De 47 anos, licenciouse en Dereito pola Universidade de Barcelona e traballou en La Caixa e Arthur Andersen, Asesores Legais e Tributarios. Tamén foi presidente de Novas Xeracións do PP de Cataluña e secretario nacional de Comunicación do Partido Popular. 

Comentarios