viernes. 24.01.2020 |
El tiempo
viernes. 24.01.2020
El tiempo

Tráfico estrea en Semana Santa 60 minirradares

Os miniradares caben nunha man, custan 14.000 euros e amortízanse con só 300 sancións. EP
Os miniradares caben nunha man, custan 14.000 euros e amortízanse con só 300 sancións. EP

Este venres ponse en marcha o dispositivo, no que participarán 291 patrullas en motocicleta dotadas de detectores portátiles de alcol, drogas e velocidade

A DGT estreará no dispositivo especial de Tráfico desta Semana Santa, que arrinca este venres 23 de marzo ás 15.00 horas, un total de 291 patrullas en motocicleta que estarán dotadas de detectores portátiles de alcol, de drogas e velocidade, os famosos mini-radares.

Así o anunciou este martes o ministro do Interior, Juan Ignacio Zoido, que presentou este modelo "pioneiro en Europa", que permitirá aos axentes encargados da vixilancia e control do tráfico, poder actuar especificamente nalgúns dos factores que máis inciden na sinistralidade, especialmente, en vías convencionais, onde tal e como recordou o ministro, prodúcense 8 de cada 10 accidentes. 

En total trátase de 1.000 etilómetros cos que se poderán realizar probas completas de alcol (un primeiro e un segundo test), 694 lectores de droga portátiles e 60 cinemómetros láser ('mini-radares'), tamén portátiles, que poderán estar situados en trípodes, en vehículos ou en biondas en calquera tipo de vía. O investimento realizado na compra de todo este material foi de 13,7 millóns de euros. 

O obxectivo destas patrullas integrais é actuar en tres dos factores que máis inciden na accidentalidade: o alcol, as drogas e a velocidade

O obxectivo destas patrullas integrais é incrementar as medidas relacionadas coa vixilancia, a regulación e o control do tráfico para así actuar en tres dos factores que máis inciden na accidentalidade, como son o alcol, as drogas e a velocidade, xa que estas novas patrullas, que se sumarán ás 1.861 motocicletas xa existentes, é facilitar unha "actuación rápida e eficaz" co fin de ofrecer unha "maior versatilidade e operabilidade". 

Segundo dixo o ministro, todos estes dispositivos permitirán realizar controis "de xeito autónomo" e sen necesidade de apoio dos Equipos de Atestados nin dos Equipos de control de velocidade. 

MINI-RADARES. Por exemplo, os novos cinemómetros poden ser operados de forma remota, permitindo así detectar os vehículos que excedan a velocidade, e dará aos axentes a capacidade para poder parar ao condutor que cometa a infracción. 

Se un condutor comete unha infracción, pódeselle deter de inmediato e notificarlle a sanción no momento

Neste sentido, outro dos obxectivos das patrullas integrais é "evitar calquera tipo de picaresca", xa que se un condutor comete unha infracción, pódeselle deter de inmediato, o que tamén evitará a comunicación entre os condutores da localización dos controis. Ao detelo, poderáselle notificar a sanción no momento, tamén evitando así que quen cometa a infracción identifique a outra persoa para non perder os puntos do carné. 

"Non existe en ningún país da contorna da Unión Europea. Fomos os primeiros e como tantas cousas empezarán a chamar dun ou outro país para ver como o fixemos", afirmou Zoido sobre este novo concepto de vixilancia. 

Tráfico estrea en Semana Santa 60 minirradares
Comentarios