A Uco rexistra a leira duns familiares do acosador da nai de Gabriel

A procura do pequeno ocupa un radio de doce quilómetros desde o punto no que desapareceu

Voluntarios participan en la búsqueda de Gabriel Cruz.EFE
photo_camera Voluntarios participan en la búsqueda de Gabriel Cruz.EFE

Axentes da Unidade Central Operativa (Uco) rexistran a leira duns familiares do home que foi detido por acosar á nai de Gabriel Cruz, o neno cuxo rastro se perdeu o pasado 27 de febreiro nas Hortichuelas, en Níjar.

Fontes da investigación informaron a Efe dese rexistro, que se produce nunha leira situada na zona próxima á desaparición no marco das pescudas para tratar de localizar ao neno.

O home, D.M.F.A., foi detido a pasada semana por incumprir unha orde de afastamento respecto da nai do neno. Fora condenado en dúas ocasións por acosala e recoñecéuselle un trastorno mental como circunstancia atenuante.

200 PERSOAS. Máis de duascentas persoas entre profesionais e voluntarios continuaron a procura de Gabriel Cruz. O 112 de Andalucía informou de que a procura contou con 188 profesionais en activo e 39 voluntarios, divididos en grupos para explorar a zona na que se viu por última vez ao neno nun radio de ata 12 quilómetros.

Comentarios