lunes. 30.03.2020 |
El tiempo
lunes. 30.03.2020
El tiempo

O 28-A acelera a ruptura do rupturismo en Galicia

Noriega, con Beiras, Villares, Gómez Reino, Día, Quinteiro y Suárez, entre otros. EFE
Noriega, con Beiras, Villares, Gómez Reino, Día, Quinteiro y Suárez, entre otros. EFE

O que agora é En Marea podería dividirse en dúas: por unha banda o villarismo, que queda coa marca, e por outro unha nova coalición con Podemos, EU e Anova

As eleccións do 28 de abril abriron unha nova fronte para o rupturismo galego. Así, para afrontar a batalla contra o que eles definen como "extrema dereita", uns apostan por reeditar as fórmulas de confluencia creadas en 2012 con Age mentres outros pretenden por reforzar En Marea como partido.

Coas feridas que xeraron as eleccións internas de En Marea -das que Luís Villares saíu vencedor- aínda abertas, os comicios estatais supoñen unha nova fenda que, desta vez, podería ser definitiva.

Os partidos que supuxeron o xerme da esquerda rupturista en Galicia -Anova, Podemos e Esquerda Unida- apostaron claramente por volver aos inicios e, con motivo das eleccións xerais, refundar unha alianza de partidos que lles permita ter independencia de acción, polo que a coalición é a fórmula elixida.

Para iso, desde os tres partidos avanzaron o inicio dun proceso de diálogo a tres bandas e sumando ás mareas municipais, debería desembocar nunha coalición aínda sen nome.

Os que buscan é constituír unha "alternativa de coalición e suma" que permita "refundar a unidade popular en Galicia" para que o espazo "sirva realmente" como motor tamén dos espazos municipalistas, todo iso, mediante un diálogo fraterno no que non nomean a En Marea.

As conversacións comezarán a semana próxima e nelas, segundo explicaron a Efe, tamén terán peso os alcaldes do cambio.

O VILLARISMO. Fronte a iso, o portavoz de En Marea, Luís Villares, rexeitou este sábado concorrer ás eleccións xerais baixo "a vella dinámica" de coalición electoral non permite a participación plena de todos os inscritos e limita a toma de decisións ás cúpulas dos partidos.

En rolda de prensa, Villares sinalou que a mellor fórmula para concorrer ao proceso electoral do 28 de abril é baixo o paraugas dun partido como En Marea, que naceu en 2016 para superar a fórmula de coalición que nas pasadas eleccións xerais impediu que a confluencia galega contase con grupo parlamentario propio nas Cortes.

Na súa opinión, a opción elixida naquel momento foi "un erro", polo que chamou a aprender dos mesmos: "Temos que aprender dos nosos erros e foi un erro presentarse cunha fórmula xurídica que non permitise ter grupo parlamentario propio, os que estean a falar de reeditar a coalición saben que imos repetir o erro, e sábeno", lamentou.

A única "forma xurídica" que garante esa representación no Congreso é a de partido e non a coalición que pretenden reformular e relanzar as tres formacións que orixinaron a confluencia -Podemos, Esquerda Unida e Anova- "non queremos enganar a ninguén e non queremos que nos enganen", afirmou.

Con todo, a pesar das diferenzas existentes e xa postas de manifesto, o líder de En Marea asegurou que mantén "contacto fluído" coas direccións dos tres partios aínda que admite que "hai mais intención pola nosa banda que pola outra, en verdade", para chegar a un acordo.

Villares di quie falou esta mesma semana co líder de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino, e co fundador de Anova, Xosé Manuel Beiras, o venres mesmo, no que foi unha conversación "agradable".

Baixo esta premisa, o Consello das Mareas lanzou o calendario de eleccións primarias para elixir candidatos para os comicios estatais, de forma que as persoas que queiran postularse poderán facelo entre o 25 e o 28 de febreiro e poderase votar do 8 ao 10 de marzo. O día 11 de marzo será a data de proclamación das candidaturas, e o prazo para presentar coalicións electorais finaliza o día 15 de marzo.

Con Alexandra Fernández no Congreso... e con PSdeG e BNG ao Senado?
Villares mostrou o seu desexo por contar coa actual deputada no Congreso Alexandra Fernández nas listas de En Marea, despois de que a militante de Anova demostrase "obrar con coherencia e consecuencia" durante o seu período como representante da confluencia galega no Congreso.

Esta é a proposta para o Congreso que, con todo, é diferente á do Senado, xa que a dirección de En Marea aposta por lanzar unha proposta que aglutine a todas as forzas progresistas de Galicia, para o que lanzou unha invitación a PSdeG e BNG para concorrer unidos a este proceso de listas abertas, que penaliza as minorías. Trataríase de facer "da necesidade virtude e agrupar forzas", resolveu.

O 28-A acelera a ruptura do rupturismo en Galicia
Comentarios