viernes. 15.11.2019 |
El tiempo
viernes. 15.11.2019
El tiempo

Acaba no hospital tras intentar apagar un incendio na súa vivenda en Gondomar

Los servicios sanitarios en el punto del atropello AR
Los servicios sanitarios en el punto del atropello AR
Unha pota esquecida no lume orixinou as chamas

Unha muller tivo que ser trasladada ao Hospital Povisa, en Vigo, por mor das queimaduras que sufriu intentando apagar un incendio na súa vivenda de Gondomar, orixinado nunha pota esquecida no lume.

Segundo informou este xoves o 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as sete da tarde deste mércores, cando as chamas, que alagaron de fume a vivenda da ferida e que se estenderon á lindeira, alertaron aos veciños, que deron a voz de alarma.

Informado os veciños de que a muller sufrira queimaduras, o persoal do 112 Galicia avisou aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que trasladaron á ferida ao hospital.

Simultaneamente, na vivenda actuaron os Bombeiros do Porriño para ventilar ambos os dous apartamentos e asegurarse de que a pota estaba completamente apagada.

Unha vez realizadas as medicións correspondentes e comprobar as boas condicións da atmosfera no interior dos domicilios, os bombeiros deron por finalizada a súa intervención. 

Acaba no hospital tras intentar apagar un incendio na súa vivenda...