viernes. 28.02.2020 |
El tiempo
viernes. 28.02.2020
El tiempo

Achan o corpo sen vida do mariñeiro desaparecido en Ons

El cadáver de Iván Harri ya descansa en A Illa. JAVIER CERVERA
El cadáver de Iván Harri ya descansa en A Illa. JAVIER CERVERA
O cadáver do veciño da Illa de 30 anos Iván Harry Otero foi atopado na contorna do illote O Centulo

O corpo sen vida do mariñeiro desaparecido o pasado martes na illa de Ons foi localizado este venres durante a cuarta xornada do operativo de procura.

O cadáver, informou Urxencias, foi achado na contorna do illote O Centulo.

Os servizos de rescate recuperaron finalmente o corpo sen vida de Iván Harry Otero, o mozo de 30 anos veciño da Illa de Arousa que o martes desapareceu no mar ao envorcar a embarcación Rosa na que faenaba xunto con outros dous tripulantes que conseguiron chegar a terra.

O operativo de procura activo desde o pasado martes continuou este venres por mar coa colaboración da embarcación do Servizo de Gardacostas Punta Roncadoira.

E por terra cos efectivos de Protección Civil de Sanxenxo, O Grove, Ribeira e Muros, para percorrer lugares da costa onde as correntes puidesen arrastrar o corpo do desaparecido.

As condicións climatolóxicas con mar de fondo dificultaban os labores que finalmente deron como resultado a localización do corpo sen vida de Iván Harry Otero na contorna da Illa de Ons onde se afundiu a embarcación. 

Achan o corpo sen vida do mariñeiro desaparecido en Ons
Comentarios