Achan o corpo dun mozo "medio decapitado" xunto a unha motoserra en Vigo

As fontes policiais apuntan a que "non hai signos de violencia", polo que se apunta a unha morte na que non interveu outra persoa
Coches da Policía Nacional. DP
photo_camera Coches da Policía Nacional. DP

O corpo dun home novo foi achado "medio decapitado" xunto a unha motoserra nun escampado en Vigo, pero a Policía Nacional descarta a intervención doutras persoas nesta morte. 

Así o informaron a Europa Press fontes policiais, que relataron que ás 10.15 horas deste mércores recibiron o aviso dun veciño de que atopara un corpo "medio decapitado cunha motosierra á beira" nunha leira na zona da Avenida de Europa. 

Ao lugar acudiu unha patrulla policial, así como a comisión xudicial para proceder ao levantamento do corpo, que corresponde a un mozo veciño da zona. 

As mesmas fontes policiais apuntan a que "non hai signos de violencia", polo que se apunta a unha morte na que non interveu outra persoa. Con todo, destacaron que se trata da "primeira vez" que se atopan cun "suicidio" destas características. 

A Policía Nacional trata de aclarar o motivo de que o home "chegase a esta situación", aínda que apuntan a un posible "problema na contorna familiar".