Martes. 18.06.2019 |
El tiempo
Martes. 18.06.2019
El tiempo

Achan o corpo sen vida da muller desaparecida en Ribadeo

O corpo de Laura López Saavedra tivo que ser izado do cantil. EP
O corpo de Laura López Saavedra tivo que ser izado do cantil. EP

O cadáver de Laura López Saavedra foi localizado na mañá deste mércores na zona do castro de As Grobas, na parroquia ribadense de Vilaselán, non moi lonxe da súa casa da que desaparecera o martes, cando o seu pai advertiu a súa ausencia e denunciou a súa falta.

O corpo sen vida foi localizado polas patrullas de rastrexo organizadas para tal fin na localidade que desde primeira hora traballaban buscando á muller. Estaban Policía Local, Protección Civil, Garda Civil, bombeiros de Barreiros, Salvamento  Marítimo ou Gardacostas de Galicia. O corpo foi izado polo cantil ata un lugar no que permaneceu á espera de que se fixese o levantamento do cadáver.

A estrada que circula pola zona de costa pechouse ao tránsito pola Garda Civil para salvagardar a intimidade dos familiares, que se mostraron moi afectados durante todo o proceso.

Dispositivo de procura de Susana Vázquez en Ribadeo. JOSÉ Mª ÁLVEZ

Achan o corpo sen vida da muller desaparecida en Ribadeo