Achan morta a unha nonaxenaria que desapareceu en Ortigueira

O corpo apareceu nun lugar de difícil acceso

Unha veciña de Ortigueira, D.A.L., de 93 anos de idade, foi localizada sen vida nas proximidades do seu domicilio, na parroquia de Freires, no mediodía deste mércores tras permanecer varias horas desparecida, concretamente desde a tarde do martes cando os seus familiares a botaron en falta. 

Fontes consultadas por Europa Press trasladaron que o corpo da muller foi localizado nunha zona onde nace un manancial e que está plantada con eucaliptos. Debido á dificultade para acceder ao lugar foron requiridos no lugar do suceso efectivos do parque de Bombeiros do Eume, con sede no veciño municipio das Pontes de García Rodríguez. 

Unha vez levantado o cadáver, por orde da autoridade xudicial, será trasladado ao Hospital Naval de Ferrol para poder efectuarlle a autopsia. 

Nas últimas horas iniciáronse tarefas de procura da muller, con cuadrillas formadas por familiares e amigos, ademais de por axentes da Garda Civil, sendo unha delas a que logrou atopar á nonaxenaria.