O hospital Povisa negocia a súa venda a Ribera Salud

O acordo non está pechado. O hosptial ten asignadas 135.000 cartillas de pacientes do Sergas
El primer fallecimiento en la comunidad se registró en el Hospital Povisa de Vigo. DP
photo_camera Hospital Povisa de Vigo. EP

O hospital Povisa, que ten asignadas 135.000 cartillas de pacientes de Vigo, O Morrazo e Val Miñor do Servizo Galego de Saúde (Sergas), negocia a súa venda a Ribera Salud, cuxo accionista maioritario é a estadounidense Centene Corporation.

Fontes de Povisa consultadas por Efe indican que houbo conversacións con Ribera Salud do mesmo xeito que con distintos "grupos interesados" neste hospital vigués "nos últimos anos". En todo caso, matizan que esas conversacións "non se concretaron en ningún acordo".

En setembro de 2018 Povisa solicitou o preconcurso de acredoresque achacou ás perdas acumuladas tras a posta en marcha do último concerto co Sergas.

Povisa concretaba entón que as perdas se elevaron a  5,5 millóns de euros en 2015, a 4,3 millóns en 2016 e a 5,4 millóns en 2017, e engadía que a tendencia se agravou en 2018.

A partir de entón abriuse un período de negociacións que concluíu cun acordo polo cal o Sergas asume directamente a subministración da medicación ambulatoria para pacientes externos, incluída a de alto impacto.

XUNTA. En caso de confirmarse a venda, fontes da Consellería de Sanidade aseguraron a Europa Press que o Sergas "esixirá e defenderá o mantemento da calidade asistencial" na área sanitaria, así como "o mantemento dos postos de traballo". 

Ademais, estas mesmas fontes lembran que o convenio entre a Xunta e Povisa mantense vixente até o 2022. Deste xeito, aínda que se chegue a efectuar a venda, o servizo tería que manterse. 

Comentarios